A Xunta mellorou as instalacións da Escola Infantil de Melón

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

cedida

A iniciativa enmarcase nunha serie de actuación pensadas para fixar poboación no rural

09 abr 2019 . Actualizado a las 14:08 h.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou á Escola Infantil Municipal de Melón na que se executaron obras de mellora e adquiriu novo material co obxectivo de mellorar a calidade da atención prestada.

Ademais, Díaz Mouteira enmarcou a colaboración da Xunta cos concellos galegos que conten cunha escola infantil (0-3 anos) ou un punto de atención á infancia (PAI) e precisen adecuar ou mellorar estes centros con novos equipamentos, servizos ou material educativo, na liña de apoios que forman parte do Programa de apoio á natalidade (PAN) que está a desenvolver o Goberno galego.