El Partido Comunista de Galicia: «Jon, camarada, militante, activista, comprometido e solidario»

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

A Xuventude Comunista de Esquerda Unida traslada o pésame polo pasamento de Jon Sáez García

06 mar 2019 . Actualizado a las 10:45 h.

DENDE O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA, A XUVENTUDE COMUNISTA DE ESQUERDA UNIDA QUEREMOS TRASLADAR O NOSO MÁIS FONDO PÉSAME POLO FALECEMENTO DO COMPAÑEIRO E CAMARADA DE OURENSE, JON SÁEZ GARCÍA

  

(Ourense, 5 de marzo de 2019). Jon, camarada, militante, activista, comprometido e solidario que comezou a súa militancia de cativo nas filas da Xuventude Comunista da que foi dirixente en Ourense, significado no movemento estudantil e nas loitas en prol dun ensino público, laico e de calidade.

Militante de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia, un mozo valente que no ano 2011 foi candidato de Esquerda Unida á alcaldía de Ourense, asumindo unha responsabilidade e madurez política da que todos e todas nos sentimos orgullosas.

 Onte, abandonounos  Jon o mozo sorrinte, alegre e compañeiro de compañeiros, un home con moito que dicir, con moito pelexado e sobre todo moita militancia compartida. Un camarada cunha actitude positiva e motivadora que nunca se resistiu nin se deu por vencido en ningunha das loitas das que participou.

 Do camarada Jon temos que agradecer o seu exemplo comunista, as súas reflexións, as súas aportacións e sobre todo a súa vontade e actitude por contribuír e sumar en todo aquelo no que participaba.

 O compromiso de Jon e a súa actitude ficará con nós, seguirá lucindo o seu cartel de candidato á alcaldía de Ourense na sede da rúa Arcediagos e seguiremos lembrando as súas intervencións cheas de forza, optimismo e ilusión.

 Dende o PCG, XCG e Esquerda Unida, queremos trasladar toda a nosa forza e agarimo para a familia e achegados.

 Camarada, que a terra che sexa leve!