Cultura para situar Ourense en Galicia

Pablo Milanés, Ítaca, Nuria Sotelo, Orozco ou «O Rei León» pasarán polo Auditorio


Ourense / la voz

O Auditorio de Ourense é un dos espazos destacados dentro do panorama de infraestruturas culturais de Galicia, segundo se recolle nun recente estudo elaborado pola Agadic e dende o Concello «imos seguir apostando por facer da cidade un dos puntos de referencia para toda Galicia e o Noroeste», segundo sinalou Jesús Vázquez Abad na presentación da programación do Auditorio para os próximos meses. Xunto ao alcalde da cidade participaron no acto a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o responsable do espazo cultural, Manuel Freire.

 

Comeza con danza

A programación presentada pola administración local da cidade comezará mañá e para a cita deste xoves contarase co espectáculo

A Gala

, de Licenciada Sotelo. O inicio da actuación está fixado para as 20.30 horas.

 

Un dos apartados nos que se incidiu dende o Concello é no compromiso de artellar unha programación que misture o mellor do panorama cultural actual co que se está a facer por parte dos creadores ourensáns. Nesta liña, Jesús Vázquez Abad salientou o feito de que o Auditorio de Ourense acollerá nos próximos meses -nalgún caso esta mesma semana- propostas como as protagonizadas por Moncho Borrajo, este sábado, o concerto de Silvia Alonso, a montaxe teatral O empapelado amarelo -o monólogo protagonizado por Melania Cruz e dirixido por Tito Asorey- ou o concerto homenaxe da Coral De Ruda polo seu centenario. A estas actividades hai que engadirlle nomes como os da propia Nuria Sotelo ou certames como a Miteu que organiza Sarabela.

 

 

De Bustamante a Coti

Na presentación da oferta do Auditorio salientouse a importante resposta que está a ter a oferta musical. Con entradas esgotadas en concertos como os de Luz Casal, Cepeda ou Sergio Dalma, entre outros. Para esta nova tempada xa están pechadas actuacións como as de Coti (30 de marzo), Bustamante (5 de abril), Pablo Milanés (26 de abril) ou Antonio Orozco (12 de maio). Tamén chegarán á cidade musicais como «Tributo ao Rei León».

Un dos aspectos nos que se incide de xeito especial nos últimos anos dende o Concello de Ourense é na aposta polo público infantil e familiar. Entre outras cousas cunha oferta específica para os primeiros espectadores. «Dende as idades máis tenras, grazas aos espectáculos para bebés dentro do programa Apego, ata a clásica cita dos domingos -ás 12 da mañá-, onde se poderá gozar dun compendio de monicreques, maxia, danza, ou música, por non falar de que todas estas disciplinas se xuntan, a miúdo, no mesmo espectáculo», sinalou Vázquez Abad ao referise á programación para este sector de público.

 

Redrum e Quique San Francisco

Ourense quere seguir sendo unha das referencias na Rede Galega de Teatros e entre os espectáculos que se poderán ver nestes meses figuran as montaxes de Ítaca Teatro, Redrum Producciones, Teatro do Noroeste, os portugueses de Cinema Sticado ou Enrique San Francisco.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cultura para situar Ourense en Galicia