Tino Iglesias: «Estou cheo de enerxía, viu moitísima xente, sentinme arroupado»

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

O candidato de Compromiso por Galicia á cidade de Ourense foi presentado de forma oficial o pasado fin de semana

11 feb 2019 . Actualizado a las 13:49 h.

Compromiso por Galicia presentou este fin de semana ao candidato pola ciudade de Ourense, Tino Iglesias. Para Iglesias, Ourense non pode seguir mendigando as sobras e ten que ter a forza política necesaria para atraer inversións e xerar emprego, unha das cuestións pendentes e que non souberon resolver nen os gobernos da Xunta, nin do Estado, nos últimos 30 anos, nos que Ourense pasou a formar parte das rexións mais pobres ao que temos que sumar o problema gravisimo do avellentamento poboacional. O candidato galeguista sinala, ademáis: «Ourense ten unha identidade propia, Ourense é algo diferente, temos que ter certa autonomia para nós decidir e non mendigar en Santiago ou en Madrid; non podemos estar amordazados por Santiago ou por Madrid»