As citas do 8 de marzo comezan con nove encontros de mulleres

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

As xuntanzas desenvolveranse en barrios de Ourense, Barbadás, Allariz e Ramirás

07 feb 2019 . Actualizado a las 08:06 h.

O colectivo Galegas 8 M, espazo no que traballan máis de corenta formacións feministas de toda a comunidade, xa comezou a preparar os actos que se desenvolverán en toda Galicia nesa data. O traballo estase a coordinar con encontros/merendas de debate «para baixar a convocatoria de folga á vida e o día a día das mulleres». O Couto, Seixalbo, As Termas, a Universidade, Barbadás, Allariz, Ramirás e o casco vello da cidade acolleran os debates sobre como participar na folga de mulleres do 8 de marzo en calquera dos seus eixos. A plataforma Galegas 8M participará na manifestación feminista unitaria que se celebrará en Lugo o día 3 de marzo.