O reto das administracións contemporáneas

As xornadas que analizan os desafíos das institucións contemporáneas desenvólvese no Centro Cultural Marcos Valcárcel


Coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, inauguráronse as primeiras Xornadas sobre retos das administracións contemporáneas, que se celebran no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense.

Abundando nesta idea, o titular do Lexislativo galego engadiu que o principal desafío dos poderes públicos é «dar resposta ás demandas e ás necesidades da cidadanía».

Santalices apuntou, nesta liña, que «para estar á altura do que a xente agarda dela», a Administración, con independencia do seu ámbito competencial, deberá ser transparente, deberá transmitir confianza, deberá ser accesible, facilitar a participación e amosarse próxima aos intereses das persoas; deberá responder con inmediatez e deberá xestionar os recursos públicos, recursos que son de todos, porque proceden dos impostos, con criterios de eficacia e de eficiencia».

Para materializar estes obxectivos, engadou Santalices Vieira, as tecnoloxías da información e a comunicación «convertéronse en magníficos aliados”, especialmente en ámbitos como o da transparencia, a accesibilidade, a proximidade ou a participación».

Administración parlamentaria

Recordou que malia non ser unha administración ao uso, o Parlamento de Galicia traballa co obxectivo de facer realidade obxectivos como os enunciados por Santalices na súa intervención e convidou aos participantes nas xornadas a coñecer a sede electrónica da Cámara, a primeira deste tipo impulsada por un parlamento autonómico en España para avanzar en materia de transparencia, participación e proximidade.

«Somos unha cámara eficaz pero, ademais, xestionamos con eficiencia os recursos económicos que a sociedade pon a nosa disposición», afirmou o Parlamento de Galicia, que puxo como exemplo o feito de que o custe medio dun deputado no Parlamento de Galicia é xusto a metade respecto ao Parlamento Vasco, que conta tamén con 75 deputados.

Santalices comezou a súa intervención recoñecendo a non moi boa imaxe» do colectivo de funcionarios públicos entre o conxunto da sociedade, feito que, na súa opinión, constitúe tamén un reto a superar.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O reto das administracións contemporáneas