Cortarán ao Tráfico a Vía Vella para reparar unha avaría

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

MARTINA MISER

Os traballos desenvolveranse os días 14 e 15 de xaneiro, entre as 8.00 e as 20.00 horas, recuperando a circulación todas as noites

11 ene 2019 . Actualizado a las 15:17 h.

O Concello de Ourense ven de informar que se producirán cortes ao tráfico en distintas rúas do barrio do Pino. En concreto, es vindeiros días 14 e 15 de xaneiro na rúa Vía Vella desde o seu acceso fronte á rúa Casardomato, na N-120 (sentido Vigo), até as coñecidas como torres do Pino. Os cortes son necesarios para desenvolver traballos de reparación dunha avaría na rede municipal de saneamento.

Tamén se deberán cortar tres accesos laterais á rúa desde a N-120. O horario de reparación e corte ao tráfico nos días que durará a mesma será de 8:00 a 20:00 horas, abríndose ao tráfico todas as noites.

Viaqua, concesionaria do servizo de auga en Ourense, informou da actuación a Urbanos de Ourense, para que procedan á modificación de paradas e rutas de bus que quedan afectadas. Sinalizarase a zona e os puntos de acceso prohibido á rúa. A Policía Local, informada desta incidencia, estará pendente do ordenamento do tráfico.