Columpiada


Certo que aínda faltan datos, pero o proxecto da tirolina sobre o canón do Sil ten todos os boletos para converterse máis nunha columpiada que nunha tirolina. Con todo o que se leva falado e anunciado a declaración de BIC que preparaba a Xunta para a Ribeira Sacra, como paso previo para lograr que sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco; parece mentira que antes de poñer o carro, alguén non tivese preguntado na Xunta se ambos proxectos eran compatibles e, por tanto, había bois que tiraran del. Parece mentira, pero parece que non pasou. Semella que a idea vai quedar así nunha historia desas que enche titulares (como moitas inversións millonarias de empresas que nunca chegan a ser tal, ou outros proxectos estrela que abundan por aí) pero que non pasan do papel. E podíamos botarlle a culpa a un recén chegado a isto da vida pública, pero hai implicada xente que fixo da política unha profesión, o menos que se lle pide é profesionalidade. É certo que sen ideas, non avanzaría o mundo; pero non menos certo é que ás veces basta facer unha chamada telefónica para poder saber se determinado proxecto é viable, por moito camiño que despois haxa que facer para que sexa unha realidade. ¿De verdade que a ninguén nas deputacións de Lugo e Ourense se lles ocorreu a idea de consultar na Consellería de Cultura se era posible facer a tirolina antes de meter unha partida de 300.000 euros para o proxecto? Igual si, e o que ocorre, como moitas outras veces, é que hai partidas que se poñen nos orzamentos para quedar ben a sabendas de que non se van gastar e os cartos pódense despois desviar a outras cousas, así a dedo...

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Columpiada