Gala de Reis no Auditorio coa orquestra e coro Gli Appasionati

La Voz

OURENSE CIUDAD

Antonio Cortés

Na actuación participan a soprano Anabel Real e a mezzosoprano Nuria Lorenzo

06 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19.30 horas • Auditorio de Ourense • Gratis • Logo da xornada protagonizada polos Magos de Oriente, para esta tarde está prevista unha Gala de Reis, centrada na ópera francesa e italiana, que estará a cargo da orquestra sinfónica e coro Gli Appasionati. Na gala participarán Anabel Real (soprano) e Nuria Lorenzo (mezzosoprano) e a dirección correrá a cargo de Diego Fortes. Sobre o escenario do Auditorio haberá 125 persoas «entre os solistas, coro de nenos, coro de adultos e orquestra sinfónica». O programa da Gala de Reis inclúe a interpretación de arias, dúos e coros de ópera italiana e francesa, con obras de Rossini, Mozart, Donizetti, Verdi, Bizet e Offebanch, entre outros.

 

 

Premio en Rojales

O coro Gli Appassionati conseguiu o 15 de decembro o segundo premio no XL Certamen Nacional de Nanas y Villancicos Villa de Rojales.