«A galiña azul» volve a Ourense logo de medio século

La Voz

OURENSE CIUDAD

CEDIDA

Tanxarina Teatro representa no Principal a obra baseada no texto de Carlos Casares

29 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 17.00, 18.15 e 19.30 horas • Principal, Campus e Auditorio • 4 e 3 euros • «A galiña azul» é o máis popular dos libros de Carlos Casares. Marcou un fito na literatura infantil galega e mesmo a Consellería de Cultura lle adicou a xornada do pasado domingo á obra, no seu «Calendario 2018 do libro e da lectura», para conmemorar a súa edición en 1968. Medio século despois, a galiña máis famosa de Galicia volve a Ourense da man de Tanxarina Teatro, que ofrece a súa montaxe de actores e títeres esta tarde no Principal (17.00 horas).

A Moti ofrece outras dúas propostas escénicas na xornada de hoxe. Ás 18.15 horas, na carpa instalada no exterior do Edificio de Ferro do Campus, poderase ver o espectáculo de circo-teatro «Calor», a cargo de Jean Philipe Kikolas.

No Auditorio de Ourense, neste caso a partir das 19.30 horas, o grupo Markeliñe representa «Choiva».