Caramuxo Teatro trae a súa nova proposta para os cativos

La Voz

OURENSE CIUDAD

Agostiño Iglesias

A xornada da Moti ofrece ademais un concerto punk infantil e a montaxe «O home pantalla»

27 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12.30, 17.00, 18.00, 18.15 e 19.30 horas • Principal, Campus e Auditorio • 4 e 3 euros • A Moti ofrece unha xornada cunha oferta do máis completa: tres espectáculos e cinco funcións para disfrutar de propostas ben diferentes en canto a contidos. Caramuxo Teatro estará con «Ela» no Principal (12.30 e 17.00 horas). A obra, para todos os públicos, presenta «un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo».

 

Na Sala Emilia Pardo Bazán (Edificio de Ferro do Campus de Ourense) estarán Peter Punk e Frank das Hortas coa súa montaxe «Concerto punk infantil» (18.00 horas). Circo, música e teatro nunha proposta que parte dun principio claro: «Que hai máis punk ca unha nena?». A entrada custa tres euros e a recadación será destinada a Unicef.

 

Dende Valencia

A compañía valenciana L´Homme Dibuixat propón unha montaxe a base de títeres, obxectos e audiovisuais en «O home pantalla». Ofrecen dúas sesións no Auditorio (18.15 e 19.30 horas).