Francesc Prat dirixe á Real Filharmonía de Galicia

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

O Concerto de Nadal soará esta tarde no Teatro Principal

22 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • De 12 a 20 eurosA Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal. Tres foron as cidades escollidas este ano para a actuación: Compostela, Ferrol e Ourense. O programa do concerto centrarase nunha selección de danzas francesas. Comezará con varios fragmentos de «Las indias galantes», do compositor barroco galo Jean-Philippe Rameau. Logo os músicos interpretarán a «Petite Suite» de Claude Debussy, a «Chacona» do ballet de Armide do compositor alemán Christoph Willibald Gluck e pecharase con «Sinfonía nº 82», de Franz Joseph Haydn.

Para estes tres concertos contase coa presenza de Francesc Prat, que debuta coa Real Filharmonía.