Andrea Nespereira: «A obra fala das problemáticas femeninas a todos os públicos»

A ourensá chega ao Auditorio como unha das protagonistas de «Mujeres de paciencia salvaje»


Ao Auditorio chega a montaxe «Mujeres de paciencia salvaje» (20.30 horas). A obra leva colleitado un importante éxito en Madrid, onde se estivo a representar dende marzo ao pasado venres, e ao onde volverá en xaneiro. A dramaturxia e dirección é de Ximena Vera e as intérpretes son Marta Cuena, Raquel Pardos, Ximena Vera e Andrea Nespereira (Ourense, 1984). A actriz ourensá espera que, logo da representación de hoxe, a obra chegue a outros puntos de Galicia.

-Contos en clave femenina?

-Ximena Vera creou unha obra na que, tomando contos populares, se incide en problemáticas específicas das mulleres. «As zapatillas vermellas», «A vendedora de mistos», «Barba azul» e «A muller esqueleto» sirven para abordar aspectos como a castración da muller, a parálise, os malos tratos e outras problemáticas.

-Satisfeita co resultado?

-Contentísimas. Levamos enchendo todo este tempo e veñen dende colectivos feministas a homes que nos felicitan por amosarlles as problemáticas das que estamos a falar. Aborda situacións femeninas pero non é unha obra para mulleres senón para todos os públicos.

-A presenza en Ourense ten que ver algo coa orixe?

-Por suposto! Quería que a obra se vise na miña cidade e queremos entrar na rede de Agadic para poder xirar por Galicia con ela.

-Remataron en Madrid?

-Non. Estaremos de novo de xaneiro a marzo e logo sairemos de xira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Andrea Nespereira: «A obra fala das problemáticas femeninas a todos os públicos»