Javier Perianes volve ao ciclo «Enclave de Cámara»

La Voz

OURENSE CIUDAD

Alexxander

O pianista ofrece un concerto no Teatro Principal

13 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • De 5 a 8 euros • Ao teatro da rúa da Paz volven os concertos do ciclo «Enclave de Cámara» e desta volta coa presenza de todo un referente internacional: o pianista español Javier Perianes. O artista andaluz é un dos músicos españois con maior proxección internacional e volve ao escenario do

 

Teatro Principal cun programa composto por obras de Chopin, Debussy e «El amor

brujo», de Manuel de Falla.

Javier Perianes (Huelva, 1978) foi recoñecido co Premio Nacional de Música 2012 e «Artista do ano» nos International Classical Music Awards (ICMA). O seu recital en Ourense enmárcase no medio dunha nutrida actividade concertística: a Galicia chega tras unha xira por Alemaña na que debutou coa Konzerthausorchester Berlin e a Gewandhausorchester Leipzig. En decembro iniciará xira por USA interpretando o «Concerto para piano num. 27» de Mozart xunto coa Orpheus Chamber Orchestra e que rematará coa súa volta ao Carnegie Hall.