As paisaxes da Ribeira Sacra, recreadas por Carlos Costoya

La Voz

OURENSE CIUDAD

Miguel Villar

O pintor e adegueiro inaugura esta tarde a su exposición «Terra adentro»

12 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 10 de febreiro • 19.30 horas (inauguración) • Museo Municipal • Carlos Costoya non se prodiga moito na súa terra. Nos últimos tempos ten realizado trinta exposicións, en dez países, mais había nove anos que non amosaba o seu traballo en Ourense. Hoxe abre no Museo «Terra adentro», un proxecto creativo que ocupa dúas plantas do espazo cultural da rúa Lepanto e que incide nos sinais de identidade do artista: as paisaxes e personaxes da Ribeira Sacra, con unha presenza destacada das terras de Castro Caldelas e a súa contorna. Na presentación da mostra Carlos Costoya lembrou que leva cinco lustros de adegueiro na Ribeira Sacra -Bodegas Alodio- e as paisaxes da mostra «son as fontes das que me alimento». Obras de pequeno formato, maioritariamente, e de grandes dimensións realizadas coa técnica de óleo sobre lenzo compoñen a mostra.

Cerámica para Carlos Velo

Costoya tamén é ceramista e na mostra inclúe unha peza en homenaxe a Carlos Velo creada en colaboración coa fundación do mesmo nome.