«Un premio sempre é gratificante»

A tese de Leva Antía García , distinguida como a mellor do ano en asuntos tributarios e financeiros


ourense / la voz

Leva Antía García Fernández traballando para a administración desde que tiña 26 anos. Por oposición libre chegou no ano 2006 ao posto de inspectora de finanzas da Xunta de Galicia en Ourense. De natural inconformista, buscou novos retos e preparou unha segunda oposición, dise que das máis duras, para acceder ao corpo de Inspección de Hacienda do Estado. Aprobou. O natural. E no 2010, con 30 anos, alá foi como inspectora a Lleida.

Dous anos despois, xa de volta, incorporouse á delegación da AEAT en Ourense, onde é xefa de equipo de Inspección. Que se marcara entón como obxectivo o doctorado en Dereito, que a súa tese acadara un sobresaínte cum laude, e que por ese traballo acabe de recibir o recoñecemento do Instituto de Estudios Fiscales, valorando o seu traballo como o mellor do ano en España en dereito financeiro e tributario, ata cae dentro do previsible.

A tese que conduce a este premio trata sobre a comprobación de valores no ámbito tributario. É un asunto de interés moi concreto para profesionais que desenvolven a súa actividade entre asuntos financieros e tributarios.

A necesidade dunha fórmula

«¿A comprobación de valores? Cómpre non esquencer que se trata dun dos procedementos con máis implicacións prácticas, posto que é fundamental na xestión dos impostos de sucesións e transmisións patrimoniais onerosas, aínda que, certamente, é un traballo especializado, que analiza as súas singularidades, tanto na propia regulación legal, como na súa aplicación práctica. É un asunto complexo, que se presta a litixios, na medida en que a administración non acaba de atopar a fórmula eficiente para que os contribuíntes poidan sentir que os seus dereitos e garantías están protexidos».

Licenciada en Dereito en Ourense con premio extraordinario e vintecinco matrículas, a defensa da tese fíxoa en novembro do 2017 na Universidade de Vigo. O sobresaínte cum laude que o tribunal decidiu por unanimidade animouna a rescatar a súa inicial vocación académica, antes de decidirse pola administración. «En realidad, antes de iniciar os estudos de Dereito, tiña dúbidas, posto que tamén me gustaba a Arquitectura. Supoño que pesaría o feito de que un dos avós fora avogado, e na casa non había arquitectos. Acertei».

Déixalle o 2018 a experiencia duns meses como docente universitaria no campus de Ourense. Foi unha etapa curta pero intensa, da que xa pasou páxina. «A universidade é un mundo moi complexo. Non é só a docencia, preparar e dar as clases o mellor posible para formar ao alumnos. Non por falta de interés, nin por disgusto coa aula, todo o contrario, pero decidín centrarme na actividade profesional».

O premio Fernando Sainz de Bujanda que acaba de ganar, otorgado polo Instituto de Estudios Fiscales, do Ministerio de Hacienda, tamén lle foi concedido por unanimidade dun tribunal formado por profesionais e académicos de recoñecida solvencia.

O traballo de investigación sobre a comprobación de valores, un procedemento de aplicación dos tributos, plasmouse nun libro de trescentas páxinas e un millar de referencias xurisprudenciais e bibiográficas. Do interés que ten para profesionais e expertos dá idea que no ano 2019 será publicado polo mesmo Instituto de Estudios Fiscales dentro da súa colección específica de estudos xurídicos.

Publicar e investigar

¿E cal será o próximo reto para a inspectora Antía García? «Pois, fóra do ámbito estrictamente laboral e profesional, non quero renunciar á liña da investigación e publicación, como levo feito nestes últimos meses con artigos nas revistas especializadas máis relevantes do campo tributario en España, como a Revista Española de Derecho Financiero, o Derecho Fiscal. Un premio como este, sabendo que había propostas de diferentes universidades, públicas e privadas, é gratificante e anima a seguir traballando».

Dubidou entre estudar Dereito e Arquitectura e non se arrepinte da decisión

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
19 votos
Comentarios

«Un premio sempre é gratificante»