O Trío Rosalía protagoniza a velada do Ciclo Lírico da cidade

A formación ofrecerá no Teatro Principal un programa composto por música galega


Hoxe • 20.00 horas • Principal • Desde 5 euros • O programa do Ciclo Lírico de Ourense ofrece hoxe a oportunidade de disfrutar da actuación do Trío Rosalía. A formación está composta por María José Ladra (mezzosoprano), Juan Pérez Berná (óboe-corno inglés) e Margarita Viso (piano). No 2015 tres profesionais cunha longa traxectoria coincidiron no proxecto de ofrecer unha obra orixinal de Marcial de Adalid no Consevatorio da Coruña. Logo desta primeira aparición como trío, decidiron ampliar o seu repertorio en base á música de compositores galegos e así xorden obras orixinais como «A Rosalía», de Margarita Viso, ou «Has de cantar», de Juan Pérez Berná. Tamén se adaptan clásicos -como a «Alborada», de Veiga, ou «O Moucho», de Piñeiro-. A presenza de Rosalía en tantos poemas musicados levou ao trío a tomar o nome da escritora. O concerto de presentación do Trío Rosalía celebrouse o 2 de febreiro deste ano no Sporting Club Casino de A Coruña. O programa que ofrecerán hoxe está composto integramente por música galega.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Trío Rosalía protagoniza a velada do Ciclo Lírico da cidade