Charles Dickens aterriza na Farixa

La Voz

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

Os escolares ofreceron a súa particular revisión actualizada do clásico

06 dic 2018 . Actualizado a las 19:23 h.

O CIFP A Farixa acolleu unha representación teatral baseada no clásico conto de Nadal de Charles Dickens. Os alumnos de segundo ano de Produción de Audiovisuais e Espectáculos máis os de 2º Videodj e Son ofreceron a súa particular revisión actualizada do clásico. A produción do espectáculo correu a cargo de tres grupos, cada un deles cunha proposta baseada nunha das épocas do conto orixinal, pasado, presente, futuro. A representación forma parte dunha práctica do módulo de Xestión de Proxectos de Espectáculos e Eventos e engloba aspectos transversais de ambos ciclos xa que os alumnos teñen que xestionar contidos artísticos de guión, ambientación sonora e iluminación teatral, entre outros. Pero ademais, coa posta en escena, traballan conceptos relacionados coa execución técnica, promoción e comunicación do evento. 

MIGUEL VILLAR

Este espectáculo é o resultado do traballo realizado polos alumnos durante a primeira avaliación. Cada unha delas é independente da anterior e contan cun narrador que fará de guía para o público a través do tempo dramático.