Arranca un OUFF de reivindicacións

Na gala de apertura pediuse que non se volva un festival «dos partidos» e destacouse a figura feminina no cinema


ourense / la voz

A gala da vixésimo terceira edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) arrancou coa actuación da Real Banda de Gaitas que puxeron á música ao acto coa interpretación do himno do antigo reino de Galicia e o himno do propio certame, composto por eles mesmos.

A actriz ourensá Ledicia Sola -que destacou a programación en das creadoras que se proxecta nesta edición- fixo de condutora ao público axudándose duns vídeos preparados pola organización cos que os asistentes repasaron a historia do certame nos anos anteriores.

A estrea de «Mar de Terra» foi acollida por un auditorio case completo

O filme escollido para a gala de apertura do OUFF 2018 foi o documental do músico Kepa Junquera e o director José Antonio Blanco

O filme escollido para a gala de apertura do OUFF 2018 foi o documental do músico Kepa Junquera e o director José Antonio Blanco, Mar de Terra, que contou cun auditorio practicamente cheo.

Na presentación do traballo, tanto o director como o produtor, Javier Torquati, destacaron o sinxelo que supuxo traballar co músico e o proceso natural -sen guión preestablecido- co que se rodou o proxecto audiovisual en tres días. «Tivemos moita sorte traballando con Kepa porque tiña moita confianza con protagonistas e semella estar todo guionizado, mais foi todo o contrario», afirmou Blanco. «O único que buscamos coa cinta é transmitir unha realidade que existe e da que nos esquecemos por tela moi preto», engadiu Torquati.

Seguir leyendo

Pola súa banda, o coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, incidiu no valor do certame no seu discurso de inauguración. «Un festival de cine non e unha trapallada nin un comecartos», inquiriu. E engadiu que serve para potenciar a cidade e xerar valor engadido. «Da mesma forma que outros teñen moitas luces -espetou bromeando co alumeado de Nadal de Vigo- nós temos moitas estrelas». E lembrou tamén ao director italiano recentemente falecido, Bernardo Bertolucci, do que a esa mesma hora aínda se despedían en Roma os seus compañeiros de profesión e seguidores.

A estatuilla do premio Calpurnia de Honor, deseñada por Manuel buciños, foi entregada ao director ourensán Xavier Bermúdez. Aproveitou a ocasión para pedir que o festival non se empregue como arma política. «Espero que sexa o festival de toda a cidade e non dos partidos que se turnen no poder, senón que sexa abrazado por todos», rematou.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Arranca un OUFF de reivindicacións