Coral de Ruada agradece as adhesións ao seu expediente de honra

O Concello de Ourense abriu o trámite polo seu centenario


Rematou o prazo de recepción de adhesións ao Expediente de Honra que abriu o Concello de Ourense a favor da Coral De Ruada con motivo do seu centenario co obxecto de que se lle dedique unha rúa ou praza da nosa cidade. Segundo nos informan dende o Concello, o número total de adhesións recollidas foi de 1.863, un número de apoios que, segundo temos entendido, non foi acadado en ningún Expediente de Honra anterior.

Todas e cada unha de estas adhesións son moi importantes para De Ruada. Porén, por razóns de espazo, non imos enumerar a tódalas persoas que asinaron a correspondente adhesión, pero si queremos facelo con aqueles grupos, asociacións e colectivos de todo tipo que nos apoiaron porque entendemos que dan unha visión máis precisa do nivel de aprecio e cariño que se nos ten en Ourense, en Galicia e mesmo no resto de España.

Entre eses colectivos -agardamos que non se nos esqueza ningún e así fose pedimos desculpa-- figuran as máis importantes institucións de Galicia (Presidente do Parlamento, Real Academia Galega, Fundación Rosalía de Castro, Fundación Otero Pedrayo, Fundación Penzol, Padroado do Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega de Belas Artes, Consello da Cultura Galega, Orde do Camiño de Santiago, Asociación Galega de Feiras, Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago), de Ourense (Deputación, Comisaría, Cabido da Catedral, Expourense, Liceo, Amigos da Catedral, Sociedade Filharmónica, Sociedade Filatélica, Numismática e Vitofílica Miño, Asociación de Belenistas, Asociación de Artesáns, Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, Xuntanza de Micólogos Os Cogordos, Museo da Limia), centros galegos (Lar Galego de Sevilla, Casa de Galicia de Las Palmas, Centro Galego de Valencia), partidos políticos (PsdeG-PSOE, BNG, PP, Ourense en Común), grupos musicais e folclóricos galegos (Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, Cántigas da Terra de A Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Coral Polifónica El Eco de A Coruña, Cantares do Brión de Vincios, Coro Aires da Terra: o legado de Feijóo, Luar na Lubre, Treixadura, Os Melidaos, Asociación Cultural Xingnos, Hércules Brass, Asociación de Ex-Orfeonistas amigos do Padre Feijóo) e ourensáns (Asociación Ourensá de Folclore Tradicional, Gomes Mouro, Escola de Danza da Deputación Castro Floxo, Abertal de A Rúa de Valdeorras, Rebulir de Ramirás, Rondalla Alecrín, Coral Polifónica de Coren, Coral Agromadas de Seixalbo, Gaiteiros de Carpazás, Coro Aimil de Xinzo de Limia, Escola Municipal de Gaitas de Xinzo de Limia, Coral Albricias de Maceda, Agrupación Musical Os do Fuelle), coros españois (Coral Isidoriana de León), institucións docentes (IES Universidade Laboral, IES Julio Prieto Nespereira, Vicerreitoría do Campus de Ourense, Academia Postal, ANPE, Residencia xuvenil Florentino Cuevillas), editoriais (Ouvirmos, Dos Acordes), asociacións veciñais (Centro, As Burgas, San Breixo), entidades sociais (Alcer, Asociación Española contra o Cancro, Colexio de Mediadores de Seguros, Asociación de Empregados Xubilados de Caixanova, Urbanas Consultora de Urbanismo e Arquitectura).

Comprenderán que resulta moi difícil poderse dirixir a cada unha destas asociacións e as máis de 1.800 persoas de xeito individual para mostrarlle o noso fondo agradecemento, por iso queremos facelo a través destas liñas. Grazas, moitas grazas de corazón a todas e todos por tan xeneroso recoñecemento que fará que se reafirme o noso compromiso con Ourense e con Galicia, como o viñemos facendo ao longo de cen anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Coral de Ruada agradece as adhesións ao seu expediente de honra