Lembranza para Víctor Campio na voz dos seus vellos amigos

La Voz

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

O Liceo de Ourense acolle un encontro para homenaxear ao poeta de Garabás finado en xullo

20 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Liceo de Ourense • Víctor Campio Pereira (Garabás, Maside, 1928 - Ourense, 2018) estaba chamado a ser o gran protagonista da Festa da Palabra deste ano. Foino, con todo, malia súa obrigada ausencia. A morte meteuse polo medio cando xa todo estaba preparado para renderlle a merecida homenaxe na Insua dos Poetas. Alí quedou a escultura que lembra a súa memoria e a testemuña da gratitude da súas fillas.

 

 

Música e poesía

Gostaba Víctor Campio da tertulia, do encontro cos amigos, e participou nalgúns dos movementos literarios que foron agromando na cidade no pasado século.

Esta tarde, no salón noble do Liceo de Ourense, os seus amigos e compañeiros lembrarán ao poeta de Garabás «nunha sinxela pero sentida homenaxe». A música de piano correrá a cargo de Ángel Losada Nine e a semblanza do escritor será responsabilidade de Delfín Caseiro e Manuel Blanco. O recital de poesía estará protagonizado por Manuel Blanco, Carmen Lorenzo e Teresa Devesa -membros do antigo Grupo Dolmen- e polos amigos do escritor. O acto está aberto a todos aqueles que queiran participan no recitado poético.