Xavier Alcalá achégase á cara menos coñecida da emigración

La Voz

OURENSE CIUDAD

JOSÉ PARDO

O escritor presenta, na compaña de Francisco Castro e Celia Díaz, a súa obra «The Making of»

14 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Liceo de Ourense • A sociedade cultural da rúa Lamas Carvajal acolle esta tarde a presentación de «The Making of», de Xavier Alcalá. Xunto ao autor, participarán no acto a escritora Celia Díaz e Francisco Castro, director xeral de Galaxia.

Na súa nova entrega, «The Making of», Xavier Alcalá conta a historia dun escritor que, grazas a un xornalista galego -coñecido como Cholo-, indaga na vida de Alfredo Mosquera, alcumado O Coghomelo, un emigrante galego chegado a Arxentina nos anos 30 que colaborou cos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.

O coñecido escritor galego xa ten centrado noutras ocasións a súa mirada sobre a emigración, aínda que desta volta faino sobre a faceta menos coñecida da mesma.