Os Cogordos celebra, do 14 ao 16, unha nova edición da Semana Micolóxica Ourensá

La Voz

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

As conferencias e a exposición anual serán no Liceo

13 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 14 ao 16 e 18 • Ás 20.00 horas (conferencias) e de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas (domingo) • Liceo • A sociedade micolóxica Os Cogordos celebra nestes días a décimo novena edición da Semana Micolóxica Ourensá (do 14 ao 16) e a súa tradicional exposición de cogomelos (domingo).

 

O ciclo de conferencias comezará o mércores coa ponencia de Juan José Martínez Álvarez sobre «Os cogomelos da madeira». O xoves, día 15, será Javier Pazos Sánchez-Rubio o que diserte acerca dos «Cambios no xero boletus en base ao seu ADN e a súa división en novos xéneros». A terceira, e última, das conferencias centrarase en «Que controlan as empresas de comercialización de cogomelos? Pódome fiar dos cogomelos comprados no supermercado?», ponencia que impartirá Judith Furquet González. Todas as conferencias serán ás 20.00 horas e, ao rematar, haberá logo un aperitivo a base de cogomelos e produtos dos colaboradores da Semana Micolóxica. A exposición anual de Os Cogordos poderase visitar o domingo, no Liceo de Ourense, en horario de mañá e tarde. Amosaranse especies recollidas na contorna da cidade.