Yelco Armada: «O mundo clásico e a mitoloxía sempre me fascinaron»

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

O ourensán publica o seu primeiro poemario, unha obra marcada «polo amor, o desamor e outros sentimentos»

02 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo dun proxecto editorial que non chegou a bo porto, Yelco Armada (Ourense, 1998) decidiu mergullarse nunha nova experiencia. Parte do material que dá forma ao seu poemario procede desa iniciativa frustrada e outros textos foron creados para este libro. E logo de catro anos de traballo naceu «Jardín de la decadencia» (Círculo Rojo Editorial).

-A mitoloxía era o terreo para esta primeira obra literaria?

-O mundo clásico e a mitoloxía sempre me fascinaron. No poemario está moi presente Narciso, así como outros personaxes clásicos, e son textos nos que o amor, o desamor, os impulsos e os sentimentos, así como a reflexión sobre todo iso, teñen un especial protagonismo.

-E as flores?

-Son outro dos símbolos. Interésame incidir na súa delicadeza, no florecer, na destrución ao pisalas... e como cada rexurdimento simboliza unha nova etapa.

-Nos poemas aparecen referencias a Saraxevo, Al-Andalus, Himalaya.

-No caso concreto desas pezas responden a momentos concretos da miña vida, que deron pé ao nacemento dos mesmos. Para o do chelista de Saraxevo inspireime nun documental que vin na televisión sobre a guerra e o esforzo por levantarse de novo logo da decadencia. O soño andalusí fala do legado árabe, dos mouros e da beleza. Himalaya é outro miragre, e naceu logo de ver un documental en televisión, referido a como a vida se asoma ata nos territorios máis feros.

-Traballa nalgún proxecto?

-Vou recuperar os poemas galegos non editados para facer outro libro, con novos materiais. E aínda teño pendente presentar este poemario.