Marcos Pardo: «Díxenme que se podía escribir cancións tamén podía facelo nunha novela»

O músico presenta no Liceo de Ourense a súa primeira obra literaria: «Luz, un camino truncado»


Marcos Pardo (Ourense, 1990) presenta esta tarde o seu primeiro traballo literario. «Luz, un camino truncado» é unha novela que o seu autor enmarca no mundo do misterio e do drama, con referencias a tradicións coñecidas. A obra preséntase esta tarde no Liceo (20.30 horas).

-Que acontece na historia?

-A protagonista é unha rapaza que o perde todo por culpa dunha persoa malvada. Esa circunstancia servirá para darlle o pulo necesario para reorientar a súa vida e loitar por saír adiante.

-Ficción mais con referencia a cousas coñecidas?

-Todo é froito da miña imaxinación mais tamén é certo que hai referencias a elementos moi presentes na cultura galega, como poden ser os pazos, e unha lenda. A mesma tamén é inventada por min, aínda que toma como referente a de Santa Mariña de Augas Santas por ser un espazo que me é particularmente querido e polo que teño especial predilección.

-Vostede é músico. Que o animou a escribir esta novela?

-Comecei con esta historia hai uns anos e díxenme a min mesmo que se era quen de contar as cousas que pasan ou recoller episodios da vida o da realidade social nas letras das cancións tamén podía facelo nunha novela.

-Traballa nalgún outro proxecto?

-Estou cunha nova obra. Tamén será de ficción, aínda que neste caso ambientada hai 200 anos. Vai ser unha novela histórica que levará por título «Paenitentia».

-E na súa faceta musical?

-Estou rematando o meu primeiro disco. Son dez temas, de composición propia, e sairá a comezo do 2019.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Marcos Pardo: «Díxenme que se podía escribir cancións tamén podía facelo nunha novela»