Encontro en Madrid, coa figura de Arturo Baltar de fondo

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

Marifé Santiago Bolaños presentou a súa obra sobre o escultor ourensán

24 oct 2018 . Actualizado a las 13:43 h.

Fai un tempo que Marifé Santiago Bolaños retornaba ao seu Ourense, a ese que a enguedellou cando era unha moza chegada á cidade para exercer como profesora, para presentar o seu libro «Arturo Baltar, el caminante que deshoja paisajes». A obra froito de anos de conversas co desaparecido escultor foi o pretexto que xuntou onte na Casa de Galicia en Madrid a moitos caras coñecidas e a unha manchea de ourensáns -de procedencia ou exercicio-.

Mayda Bustamante (Huso Editorial); el alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; Nicolás García, de Catorce Producciones -autores do deuvedé que forma parte do libro-, a violinista Raquel Rivera -o dúo Rivera puxo a música ao deuvedé- ou o actor Sergio Pazos foron algúns dos que participaron no acto da Casa de Galicia en Madrid. José Antonio Ónega, delegado da Xunta na cidade e director da institución, exerceu de anfitrión da convocatoria.