A creación femenina e o traballo na periferia, a debate no FITO

La Voz

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

As compañías Clara Sanchís e La Mona ilustre protagonizan as representacións da xornada

13 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Auditorio de Ourense e Teatro Principal • 12.00, 17.00 e 19.00 horas (Encontros do Auditorio). 20.00 (Principal) e 22.30 horas (Auditorio) • 8 euros (representacións) • O FITO vive a penúltima xornada cun programa que aposta por darlle protagonismo á creación en clave femenina, nos seus encontros, e por representacións protagonizadas por compañías de Madrid e Santiago de Chile.

As sesións de «Mulleres creando» comezarán ás 12.00 horas co debate «Artistas na periferia-Experiencia da Caixa de Pandora en Galicia». Participarán Pilar Sánchez Monje, Uqui Permui, Olga Pastor e Luz Darriba. Na mesa «A creación feminina en Galicia» -17.00 horas- participarán Anabell Gago e Chelo de Rego (de Matrioska Teatro), Laura Villaverde, Mercé de Rande e Helen Bertels. A xornada rematará cuna acción escénica a cargo de Mónica Sueiro: «15’» poderase ver ás 19.00 horas.

As representacións da xornada serán do grupo Clara Sanchís, coa obra «Una habitación propia», e La Mona Ilustre, que ofrecerá a montaxe «J. Salvador Tramoya».