Trécola abrirá o FITO coa estrea de «Sentido»

La Voz

OURENSE CIUDAD

O espectáculo de rúa poderase ver o día 4 polo centro de Ourense

02 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 4 ao 14 • 19.30 horas (inauguración) • Paseo, Teatro Principal e Auditorio de Ourense • 8 euros O FITO 2018 encetará as súas actividades este xoves e para a inauguración contarase coa nova proposta escénica do grupo ourensán Trécola. A estrea do espectáculo de rúa «Sentido» marcará o inicio das actividades do festival. Para a xornada inaugural tamén se contará coa presenza da compañía portuguesa Projecto EZ, que chegarán a Ourense coa súa proposta escénica «Manusear». Tamén se enmarca nas actuacións de rúa a montaxe que se poderá ver a partir das 20.30 horas. Polo FITO pasarán grupos de España, Portugal, Arxentina e Chile.