Orphelion Ensemble abrirá a tempada de Enclave de Cámara

La Voz

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

A programación abrirase o 3 de outubro cun concerto no Liceo de Ourense

25 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

De outubro a xuño • 3 de outubro (sesión de apertura) • Liceo de Ourense • Enclave de Cámara abrirá a súa nova tempada para a semana, o día 3, e faino cun concerto no Liceo de Ourense -o resto serán, como é costume, no Teatro Principal-. A programación do novo curso foi presentada nun acto no que participaron o alcalde e a concelleira de Cultura, Jesús Vázquez e Belén Iglesias, o produtor Carlos M. Carbonell, o asesor artístico Patrick Alfaya e a ilustradora Alba Fernández. O grupo de corda Orphelion Ensemble -creado en Viena en 1988 e formado na actualidade por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia- abrirá o programa.

Perianes e Josep Colom

Formacións como Resonans, Gerhard, Arrigada, o dúo Rivera, o violinista Daniel Röhn ou a pianista Milana Chernyavska pasará polo Enclave de Cámara. Tamén tocarán os dous pianistas máis importantes do Estado: Javier Perianes e Josep Colom.