Xavier Paredes: «O premio é un recoñecemento do que se fai en Ourense na traumatoloxía»

Cándida Andaluz Corujo
c. andaluz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

cedida

O doutor obtivo o primeiro premio da Fundación da Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología por un traballo sobre próteses

20 sep 2018 . Actualizado a las 19:39 h.

O doutor Xavier Paredes Carnero, pertencente ao servizo de Cirugía Ortopédica y Traumatología do Hospital Cosaga de Ourense, obtivo o primeiro premio da Fundación da Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (Secot) polo estudio Tratamiento de valgos severos de rodilla mediante artroplastia total no constreñida: estudio comparativo con seguimiento a largo plazo, publicado o ano pasado na Revista Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología.

-En que consiste o seu estudio? De que fala?

-Analiza a evolución das próteses de xeonllo en pacientes cunha deformidade en valgo, que é a máis complicada das deformidades e nas que habitualmente se utilizan próteses máis agresivas do habitual. O que aumenta as complicacións. Fixemos un seguimento a longo prazo de 50 pacientes que antes de operarse tiñan unha deformidade.

-Cales foron as conclusións?

-Habitualmente este tipo de operacións son máis complicadas que as normais e resultan máis agresivas porque teñen un grado maior de complicacións, por culpa de esas próteses. Neste

traballo vimos como a evolución destes pacientes con próteses estándar, pero cunha técnica cirúrxica axeitada, teñen a mesma evolución que pacientes con deformidades leves.

-Que pacientes participaron no estudo?

-Traballamos xunto con el doutor Javier González-Babé, del Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima de Vigo, entre outros. Collemos os datos de pacientes galegos dende 1996 ata 2008.

-Que significa este premio?

-É un recoñecemento ao que se fai en Ourense na traumatoloxía, xa que se publica pouco sobre este tema en Galicia. Non esperaba recibilo. Foi satisfactorio e unha sorpresa, xa que para min poder publicalo xa era o mellor premio para o traballo.