Pepe Galán pecha en Ourense «A volta dunha ausencia»

La Voz

OURENSE CIUDAD

Agostiño Iglesias

O Centro Cultural Marcos Valcárcel abre a temporada coa mostra de escultura do artista coruñés

23 sep 2018 . Actualizado a las 21:46 h.

Pepe Galán (A Coruña, 1954) asinou unha gran retrospectiva da súa obra no 2010. Foi nun espazo emblemático da súa cidade e do circuíto artístico galego, o Kiosco Alfonso, e naquela altura decidiu deixar de crear e pasar á zona de sombra. Abandonou a produción artística por uns anos. «A volta dunha ausencia» é o proxecto que marcou a súa volta ao proceso creativo e dende onte está aberta ao público a mostra no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O ferro segue a ser o elemento característico e identificador do traballo escultórico de Pepe Galán, aínda que nesta colección de corenta pezas tamén lle dá protagonismo nas súas esculturas a outros materiais -cartón, licra ou arame- e a exposición inclúe tres vídeos nos que se repasa a súa traxectoria e o seu carácter reivindicativo -entre outros movementos estivo vencellado a Burla Negra e Nunca Máis-.

A exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel poderase visitar ata o vindeiro día 21 de outubro.