
O escritor foi soterrado onte en Santa Mariña e o funeral celébrase esta tarde nos Salesianos
26 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Familiares, amigos, representantes do mundo da cultura, autoridades, exalumnos e compañeiros de conversa e de inquedanzas deron onte o derradeiro adeus ao profesor e poeta Víctor Campio Pereira (Garabás, Maside, 1928 - Ourense, 2018). Dende o tanatorio das Burgas o corpo foi trasladado ao cemiterio de Santa Mariña, onde foi soterrado. Para hoxe está previsto o funeral, que se celebrará ás 18.00 horas na igrexa parroquial de María Auxiliadora (Salesianos).
Víctor Campio cumpriu 90 anos o pasado día 15 e para este sábado, día 28, está prevista a homenaxe que se lle ía render por este motivo na Festa da Palabra. A convocatoria, que se mantén, comezará ás 11.30 horas na Insua dos Poetas (O Carballiño).