Piñeiro lembraba a devoción de Otero por Compostela

En 1988 o galeguista repasaba a relación do patriarca das letras galegas coa capital de Galicia

.

Día 25 de xullo e entre as páxinas de La Voz de Galicia destacaba un artigo a plana completa asinado por Ramón Piñeiro. O titular xa daba conta do seu contido -«Ramón Otero Pedrayo entendeu Santiago como un dos fogares que alentaron a creación de Europa»- e no mesmo facía un percorrido pola relación do patriarca das letras galegas con Compostela. Encetaba o seu percorrido co descubrimento que o mozo Otero fixo daquela cidade da que lle falara seu pai, que estudara Medicina en Santiago, e o seu «íntimo degaro de revivir a Compostela paterna». A paixón que o intelectual tivo pola cidade e polo seu espíritu europeo, a etapa do Seminario de Estudos Galegos, a fundación de Galaxia, os anos vividos como profesor universitario, a andaina Ourense-Compostela -posterior a «Pelerinaxes» mais nunca recollida en libro-, as tertulias no Derby e logo no España, as xuntanzas na casa de García Sabell e moitos outros aspectos da relación entre Otero Pedrayo e a cidade aparecían recollidos no artigo asinado por Ramón Piñeiro.

«Compostela chegou a ser para el, ademais do símbolo máximo da Galicia europea, unha experiencia persoal de gran profundidade emotiva, sempre viva na memoria», segundo o galeguista.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Piñeiro lembraba a devoción de Otero por Compostela