Marisa Lorenzo, unha muller sabia

Ourense despide á mestra e compañeira de Manolo Peña-Rey

.

Despedimos en Ourense á nosa camarada Marisa Lorenzo, nai, mestra, comunista e incansable loitadora sempre ao carón do seu compañeiro Manolo Peña-Rey.

Case cincuenta anos de militancia e compromiso distan daquel día no que detiveron ao Comité Provincial do PCG entre os que estaban Manolo Peña-Rey, Carlos Barros, Camilo de Dios e Sergio Sandoval entre outros. Foran detidos por opoñerse ao cobro da cota láctea aló polo ano 70. Marisa, preñada de Isabel e con Helena que tiña un aniño, non dubidou en sentar diante do cárcere para reclamar a inmediata posta en liberdade dos detidos. Muller sabia, bondadosa e cariñosa, amiga das súas amigas, cun sentido do humor extraordinario e cun sentido da responsabilidade que lle levou a ser un piar fundamental a carón e na loita que o seu compañeiro e camarada desenvolveu durante a clandestinidade.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Marisa Lorenzo, unha muller sabia