A Real Academia Galega lembrou a Otero en Trasalba

La Voz

OURENSE CIUDAD

No disponible

En 1988 o patriarca das letras galegas protagonizaba o 17 de Maio

18 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A casa grande de Cimadevila, en Trasalba, e Ourense foron onte os escenarios centrais dos actos de celebración do Día das Letras Galegas. O 17 de Maio estivo adicado a Ramón Otero Pedrayo, do que ademais se cumpre este ano o centenario do seu nacemento, e a Real Academia Galega elexiu Trasalba para lembrar ao patriarca das letras galegas e salientar o labor da Xeración Nós a prol da europeización da cultura galega. A programa de actividades comezou coa recepción dos académicos no Concello de Ourense e seguiu pola inuguración da remodelada Praza do Correxidor -onde se instalou a escultura de Otero-. O alcalde, Veiga Pombo, o conselleiro de Cultura, Alfredo Conde, e o presidente da Real Academia Galega, García Sabell, fixeron a ofrenda floral ante a tuma de Otero no cemiterio de San Francisco. O acto solemne da RAG foi en Trasalba, onde se inaugurou o salón de actos da fundación e interviñeron Fernández del Riego, Casares, Río Barxa e Sabell.