A Sociedade Miño lembra aos socios desaparecidos

La Voz

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

O Liceo acolle unha exposición cos materiais dos filatélicos xa finados

17 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 30 de maio • Liceo de Ourense • A Sociedade Filatélica, Numismática e Vitofílica Miño desenvolve ao longo do ano un amplo programa de actividades que inclúe desde a mostra do San Martiño ás participacións en certames e encontros que se realizan en toda Galicia e Portugal, así como noutras partes da península. Onte a Miño abriu unha exposición cun marcado carácter emotivo e de homenaxe: «Lembrando aos que xa non están». A mostra inclúe as coleccións que, de xeito xeneroso e desinteresado, foron doando socios xa finados. Entre outros pódense ver materiais de Pilar Gallego -no acto presentouse un selo adicado a ela-, José Pérez Rodríguez, Antonio María Rodrigues Fonseca, José Iglesias -«Pepe da Guardesa»-, Salomón Hassan Benasayag, Alejo Álvarez Fernández, José Pequeño Alonso, Manuel Mateo Fernández e Xaquín Lorenzo «Xocas».