17 de Maio todos os días


Oxoves é o Día das Letras. Un día no que, de repente, todo é galego. Parece que nunca houbo Séculos Escuros e que a nosa lingua vive un período do melloriño. Só unha ilusión. Dura o día o que dura a romaría. O mesmo que con moitos outros temas importantes. Cara o 25 de Novembro a repulsa cara os malos tratos é máis que evidente por parte de toda a sociedade, máis sigue habendo denuncias por homes que baten nas súas parellas. E no 8 de Marzo parece que as mulleres xa conseguimos ter os mesmos dereitos que os homes, pero seguimos cobrando menos e tendo menos opcións de chegar á cuspide empresarial, e despois un xuíz e capaz de dicir que se non dis que non... tampouco se pode dicir que non te estean violando. Ao final os «días de» son só ilusións. Só son un día feito para reclamar, que axudan a poñer o tema sobre a mesa, máis que evidencian que aínda é preciso poñelo... e moito. Estes días pasa co galego, con actos por centos. Teatro, concertos, presentacións literarias... Todo en galego. Ao final resulta que si hai moita cultura e moita vida na lingua da terra. ¿Ou será que parece moita porque só a ‘gastamos’ un día ao ano? Pero saes á rúa e ves con ilusión que no Correlingua de Ourense centos de rapaces berran que «a lingua non para». E cres que hai esperanza. Só que despois escoitas as conversas entre os rapaces, e ves que entre eles falan castelán. Quedan moitos 17 de Maio para reivindicar o noso, e quizais o que faría falta é que fose un día ao mes en lugar dun día ao ano, para que nalgún momento deixase de ser preciso un día, porque o fosen todos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

17 de Maio todos os días