Grupos de Euskadi, Portugal, Perú e Cataluña na Miteu

Para hoxe está prevista a representación de «Superhéroes de barrio» no Teatro Principal


A Miteu afronta unha semana chea de actividades e cun amplo programa que inclúe dende a prensenza de grupos de Cataluña, Euskadi, Galicia, Castilla, Portugal ou Perú ao regreso a Ourense de Leo Bassi -que estará o día 18 con «El último bufón»-. Para hoxe está prevista unha única función e a mesma correrá a cargo do grupo de teatro da UPNA (Nafarroa), que porá en escena «Superhéroes de barrio» no Principal (20.30 horas). O 18 chegará «O tolleito de Inishmaan», da man dos galegos Contraproduccións SL (Auditorio, 20.30 horas) e a cita con Bassi será no Principal (22.00 horas). Os peruanos do grupo Alumnos e Alumnas do curso de Javier Valencia representarán o 19 a súa «Mostra de traballo de curso» e grupos de Cataluña e Porto acturán tamén esta semana en Ourense.

Ata o 28 • Teatro Principal, Auditorio, Campus de Ourense, Auriense e Paseo • Diferentes horarios e prezos •

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Grupos de Euskadi, Portugal, Perú e Cataluña na Miteu