A Miteu abre o seu programa levando a Rosaura ao Liceo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

O Citac de Coimbra representa mañá a montaxe «os sapatos»

12 abr 2018 . Actualizado a las 21:17 h.

Nun lugar no que figura no imaxinario colectivo aquilo de que «ata o 40 de maio non quites o saio» e no que, nos últimos meses, pasamos da seca a botar un mes seguido sen parar de chover é sempre un risco programar un espectáculo de rúa na primavera. Mais a Miteu ten demostrado que non hai atrancos capaces de facer que non se abra o pano -sexan vetos aos grupos, negativas ao hora de viaxar ou outros inconvintes- e o espectáculo de inauguración da mostra do 2018 non faltou á cita cos ourensáns.

Certo que non foi un espectáculo de rúa, mais Rosaura cumpriu coa estrea da súa nova montaxe e o Liceo acolleu a representación de Sen pés nin cabeza. A proposta escénica foi un proxecto creado e dirixido por Sabela Gago. E logo da obra da aula de teatro universitario chegou a primeira das representacións no Teatro Principal, función que estivo a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas. Quico Cadaval apostou nesta nova montaxe, titulada Os inocentes, por unha historia que incide nesa estirpe que sempre son os esquecidos de todas as guerras: os inocentes.

 

 

 

Primeira obra portuguesa

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense sempre conta cunha importante presenza de grupos de Portugal. E na xornada de mañá poderase disfrutar da primera das montaxes chegadas dende ese país. No Auditorio de Ourense, ás 20.30 horas, representarase a montaxe

Os sapatos , do Citac de Coimbra. Ás 23.00 horas, no Principal, representará Cordelia «A nosa cociña». A Miteu tamén acollerá obras de Perú, Canadá, Guinea Ecuatorial, Marrocos e Italia.