«Non paro de escribir, é case algo obsesivo e neurótico»

Os poemas do periodista e escritor Xosé Lois Rúa tomarán voz esta tarde no Liceo da capital da man de Carmen Ares


O Liceo de Ourense acolle hoxe (20.00 horas) un recital poético de Carmen Ares con poemas de Xosé Lois Rúa. O periodista e escritor ourensá leva anos escribindo, sobre todo poesía, por «necesidade»

-Que poderemos escoitar da súa obra?

-O acto durará uns 40 minutos nos que se escoitarán, con acompañamento musical, poemas do meu traballo «Memoria dos libros perdidos», aínda que parte do acto é segredo.

-De onde ven a súa paixón pola poesía?

-Escribo dende que tiña 14 años, aínda que nunca o tomei en serio. Escribir é unha necesidade interna para min. Foi hai 20 años cando decidín presentarme a algún concurso e gañei o Cidade de Ourense en dúas ocasións. Agora é unha necesidade vital.

-Que temas trata nás súas obras?

-O tema central é o amor, pero non só iso. Tamén falo da morte, da terra ou da soidade. E doutros, pero en segundo plano, como a cultura tradicional galega ou a mitoloxía grega.

-Cal é o tema central de «Memoria dos libros perdidos»?

-É unha homenaxe ós meus amigos, gran parte deles compañeiros de profesión. Tamén falo dos «Artistiñas» cos que teño boa relación.

-Cantos libros ten publicados ata hoxe?

-Teño catro. Pero moitos máis escritos e inéditos. O último nin sequera ten título. Non paro de escribir, case é algo obsesivo e neurótico. Incluso no recibo pracer ao facelo, senón fatiga e dor. Debo ser masoca (rí).

-Que lle parece que poñan voz aos seus versos?

- Paréceme estupendo. Hai anos o grupo Dolmen recitou varios dos meus poemas, tamén no Liceo. É emocionante escoitalos na boca doutras persoas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Non paro de escribir, é case algo obsesivo e neurótico»