Un libro recollerá os textos de Otero Pedrayo como cronista oficial da cidade

Na iniciativa editorial colaboran o Concello de Ourense, a fundación do escritor e Política Lingüística


ourense / la voz

Está no prelo e pronto poderá ser visto por tódolos ourensáns. Un dos persoeiros máis significativos da vida cultural e social galega do pasado século poderá ser aínda máis coñecido grazas a un libro no que se recollen as crónicas que escribiu e coas que describiu a vida na capital ourensá. Os textos de Ramón Otero Pedrayo como cronista oficial de Ourense foron recollidos nun libro que se presentará o próximo mes con motivo da celebración do Abril Oteriano que organiza a fundación que leva o nome do escritor para lembrar o seu pasamento. No exemplar permitirá coñecer a súa visión dos temas importantes da cidade entre os anos 1968 e 1970, dos acontecementos que marcaron a Auria. Tres anos descritos coa mestría dun persoeiro que se transformarán en libro, cando se cumpren 130 anos do seu nacemento, grazas a unha iniciativa na que colaboran o Concello de Ourense, a Fundación Otero Pedrayo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

Aínda que a figura de Otero Pedrayo está moi presente na cidade aínda hai contas pendentes con el, como é a conversión da súa casa natal -situada na rúa da Paz da capital, onde naceu o 5 de marzo de 1888 -nun museo de referencia da Xeración Nós. Unha iniciativa no aire que depende máis de problemas urbanísticos que da vontade de facelo realidade. En moitas ocasións e dende diferentes institucións pediuse que esta vivenda e a vinculada a Risco, no mesmo edificio, foran rehabilitadas para ser postas en valor antes do centenario da Xeración Nós, que se celebrará no ano 2020. É unha das demandas do colectivo que prepara os actos conmemorativos desta data que xa non queda tan lonxe.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Un libro recollerá os textos de Otero Pedrayo como cronista oficial da cidade