Baldomero Moreiras reivindica ás mulleres

Ruth Lodeiro amosa no Simeón as súas esculturas a base de elementos cerámicos e gaiolas


Sala Valente e Centro Cultural da Deputación • Ata o 29 de abril e o 18 de marzo • Dous dos espacios referenciais da actividade expositiva na cidade de Ourense, a Sala Valente e o Centro Cultural Marcos Valcárcel, abriron onte novas mostras artísticas. Na sala municipal amosa un reivindicativo proxecto Baldomero Moreiras e no Simeón asina unha mostra escultórica Ruth Lodeiro.

 

En «O eco das amazonas (Retablo-Pavana para unha Muller Oculta)» Baldomero Moreiras amosa case que medio cento de esferas policromadas e dálle o protagonismo á reivindicación feminina. As obras están adicadas a mulleres que se comprometeron e desenvolveron proxectos ou tiveron un compromiso vital salientable, malia que non viron recoñecido o seu traballo na súa xusta medida. Sinxelamente polo feito de selo nun mundo de marcado carácter machista. Xunto ás esferas, e por todas as paredes da Sala Valente, figuran estas mulleres ás que Moreiras reivindica co seu traballo. Un proxecto, segundo confesou na presentación do mesmo, «no que topei milleiros de mulleres nestas circunstancias e chegou un intre no que me sentín superado». O alcalde, Jesús Vázquez Abad, salientou a aposta de Moreiras por afrontar «un fermoso reto: realizar unha exposición -nas súas propias palabras-, onde a Muller, con letras maiúsculas, fora a grande protagonista. Mais non para falar daquelas mulleres que conqueriron fama e prestixio, senón daquelas mulleres cuxa extraordinaria achega á realidade cultural, científica, política, saíu mal parada pola simple razón de ser mulleres». A mostra complementarase con concertos, recitais e conferencias nas próximas semanas.

No Simeón amosa Ruth Lodeiro, ata o 18 de marzo, unha proposta artística que baixo o título de «Penélope. Tecedoras de soños» afonda na súa indagación sobre os mitos. Na presentación a creadora sinalou que as pezas «son artelladas sempre en base a un mesmo elemento cerámico que é unha metáfora de úteros, anxos, corpos acéfalos de mulleres, cristos, e están pechadas en gaiolas con redes metálicas e cosidas, para reflectir o mundo da muller de cosidos e a transmisión que nos deixaron as nosas antecesoras».

 

Inaugura Tareixa Taboada

Ás mostras que onte se abriron ao público nos espazos culturais da cidade engádese hoxe a nova proposta creativa de Tareixa Taboada. A artista, profesora e crítica de arte inaugura no Museo Municipal de Ourense (20.00 horas) o proxecto titulado «Zoon Politikon».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Baldomero Moreiras reivindica ás mulleres