«O Ferro», ou a historia dunha vida contada en clave de humor

La Voz

OURENSE CIUDAD

JORGE PARRI

Teatro do Andamio representa esta tarde no Auditorio de Ourense a súa montaxe escénica

22 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Auditorio de Ourense • 3 e 4 euros • Teatro do Andamio ofrece «Ferro» no Auditorio, unha montaxe que se centra na historia de Luís e Rosa, un matrimonio que leva compartindo a súa vida dende hai 14 anos. El é administrativo nun banco e ela ama de casa que comezou a estudar Administración de Empresas, aínda que deixou os estudos antes de rematar a carreira ao quedar grávida. A filla de Rosa e Luís, de quince anos, cursa estudos no extranxeiro: Marta está en Irlanda de intercambio durante o curso para aprender inglés. Nada especial na historia deste matrimonio con hipoteca, coche e unha filla.

Aínda que a vida de Rosa vai sufrir un revés e todo vai mudar para sempre. Ao pasarlle o ferro a un pantalón do seu marido atopa algo no peto: un papel centrifugadopola lavadora. «Ferro» defínese como «toda unha historia de vida en clave de humor».