Privatiza, que algo queda


Van acabar sendo algo simbólico. A figura do funcionario tende cara a desaparición. Moito se fala de apostar polo público, máis a vida diaria dinos que o que se vai é cara a privatización. Custa entender que o domingo a seguridade dos centos de persoas que abarrotaban a praza Maior de Ourense despois do desfile de entroido correra a cargo dunha empresa privada. Igual había algún Policía Local, ou Garda Civil, ou Policía Nacional... pero eran difíciles de ver se non era en forma de entroideiros gozando da verbena. E custa entender que operar cataratas sexa máis barato na privada que usando os quirófanos públicos que xa hai (e contratando máis xente, ou evitando o peche de camas en verán para darlle abaixo ás listas de agarda). Que non digo que na empresa privada traballes co látego petándoche nas costas, pero si digo que non entendo que unha empresa poida gañar cartos facendo un servizo público do que a administración (pública) trata de librarse porque lle sae deficitario (ese concepto que se contrapón ao de «servizo público»). Non me dan as contas. E as empresas non son oenegés (aínda que a esas mellor non citalas estes días). Están para gañar cartos. ¿Privatizar é máis rendible? Pode ser. A chicha está no ¿a costa de que? Pois a costa de traballos precarios e mal pagados. E despois, claro, así vemos como a crise demográfica está lonxe de ver brotes verdes. Ter fillos, ¿con estes salarios e sen prazas en garderías para axudar á conciliación? Desta acabarán por darnos a escoller: soster as pensións ou darlle a volta á pirámide de poboación. Todo non vai poder ser.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Privatiza, que algo queda