Así son as novas xeracións

José Antonio Parente O OURENSE TERRENAL

OURENSE CIUDAD

11 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Apasada semana, no Partido Popular de Ourense Cidade, a histórica militante, ex concelleira e actual coordinadora de igualdade do PPdeOU, María Antonia Rilo, deixaba o seu cargo como presidenta do distrito Ponte-Rural, dando exemplo, como sempre de lealdade cara a política e as novas xeracións, deixando paso aos mozos que están a petar na porta e queren ser o futuro da política local e provincial.

Pero, cal é o papel dos mozos na política? Como evolucionou o papel dos mozos na política local e provincial? Para min a resposta é fácil, deben estar a pé de rúa e sempre escoitando aos veciños e veciñas, deben loitar polos mozos e polas mozas das súas localidades e que mellor que escoitando as súas inquedanzas e necesidades.

Hai uns anos escoiteille a un gran político, don Manuel López Casas: «A política do día a día e solucionando os problemas dos veciños é a verdadeira política». Os mozos deben estar para axudar a solventar as necesidades diarias dos veciños, aprender a escoitar e ser leais aos seus municipios, a política debe facerse á pe de rúa, non nos despachos. Exemplos de políticos locais son Susana Vázquez Blanco, alcaldesa de Porqueira; Antonio Pérez, alcalde de Xinzo ou o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández. Son algúns dos espellos nos que os mozos e mozas que estamos a comezar en política nos deberíamos de reflexar e aprender.

Mozos como Julio Rodríguez, de Muiños, sempre axudando nas necesidades dos veciños da comarca dende o GES; emprendedores como Alejandro González, de Bande, aproveitando a riqueza dos produtos do rural que ofrece a Serra do Xurés; ou Alberto Fraguas, emprendedor de Ourense cidade son algúns exemplos de traballadores a prol do rural e dos seus municipios.

Outro exemplo de espello no que os mozos nos deberiamos ver reflectidos é en Ana Belén Vázquez, deputada nacional, con Bande e Ourense provincia sempre por bandeira, loitando dende o seu escano do hemiciclo do Congreso, polos seus municipio e pola súa provincia, escoitando as inquedanzas e as propostas dos mozos e mozas.

Os mozos non debemos facer unha política negativa, insultando ou descalificando aos rivais ou adversarios políticos nas redes sociais. A mellor rede social é a do pé de rúa, as redes sociais deben ser utilizadas polos mozos que queiran comezar en política como un canle comunicativa.

Os mozos deben ser mozos, e sempre, como diría o patriarca das letras galegas, don Ramón Otero Pedrayo, recordarse de onde veñen para saber onde queiran ir.