Último día para visitar a exposición «Lobismuller»

La Voz

OURENSE CIUDAD

Soraya Vázquez Saá

O traballo da creadora Laia Abril amósase no Museo Municipal de Ourense

11 feb 2018 . Actualizado a las 21:51 h.

 Último día para ver a mostra do Outono Fotográfico creada pola artista Laia Abril -nomeada no seu día como a sustituta de Joan Foncuberta-. En «Lobismuller», mostra que leva o mesmo título que o fotolibro creado pola autora, Laia Abril aborda a identidade de xénero a través do caso Romasanta, de Esgos. «O coñecido como Manuel Blanco Romasanta, fora bautizada como Manuela, xa que inicialmente se identificou á crianza como muller. De acordo coas actuais teorías era unha persoa intersexual. ‘Lobismuller’ reconstrúe desde unha perspectiva feminina a historia da asasina en serie máis enigmática e criminosa da historia galega». A exposición foi comisariada por Vítor Nieves.