Unhas Letras Galegas para o presbítero Manuel Vidal

Santiago Prol presentou a obra sobre o relixioso orixinario de Maceda no Liceo de Ourense


Santiago Prol tiña a teima de recuperar a figura e a obra de Manuel Vidal (1871-1941), relixioso orixinario de Maceda que desenvolveu unha importante carreira como docente, escritor e investigador en Compostela. En 1914 chegaba como catedrático á cidade e foi profesor de Isaac Díaz Pardo, Domingo García Sabell ou Lois Tobío. Fundou xunto a Basilio Álvarez a revista «Galicia», pasou tempadas nas Torres de Meirás con Emilia Pardo Bazán e estivo na presidencia das Irmandades da Fala de Compostela. A súa vida, a súa obra e a importancia que tivo na sociedade galega son aspectos que aparecen recollidos na obra de Santiago Prol «Manuel Vidal, un prebístero ilustrado de Maceda» que onte se presentou no Liceo de Ourense.

 

Santiago Prol lembrou onte que o presbítero de Maceda conta con obra en galego e en castelán e que «é un autor en clave galega que merecería que se lle adicase o Día das Letras Galegas. Non queron facer agravios comparativos pero hai xente con menos produción literaria en galego que o tivo. E de feito é unha das batallas que imos a dar a partir de agora. Non só queremos reivindicar o lugar que lle corresponde na memoria colectiva galega, que é o que facemos con este traballo de investigación, senón que tamén queremos que se lle dean as Letras Galegas».

No acto do Liceo participou José Ignacio Vidal López, familiar do presbítero que centrou a investigación de Prol. «Estoy aquí para agradecer el trabajo desarrollado por Santiago Prol y Francisco Nóvoa para recuperar la memoria del Tío Manolo, que es como lo llamábamos en la familia, y con este libro descubrí que había muchas cosas que no conocía», sinalou Vidal López.

No acto do Liceo participaron, entre outros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o bispo da diócese de Ourense, Leonardo Lemos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Comentarios

Unhas Letras Galegas para o presbítero Manuel Vidal