«Tiñamos fama de brutos por ser de aldea»

mar gil OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

A experiencia de Filemón e Matesa di que a relación nas aulas é mellor cos alumnos do rural

08 ene 2018 . Actualizado a las 08:14 h.

«¿Tú te atreves a venir aquí? ¡Aquí te son muy brutos!». A primeira frase que o director do colexio dos Milagres lle lanzou a María Teresa Matesa Camba (Ourense, 1954) aínda resoa na súa memoria. Daquela era unha moza que aspiraba á praza de profesora de Ciencias. Hoxe, xubilada, lémbrao como un paradigma, o de que non sempre unha verdade o é enteiramente. O encadre faino o xestor cultural do campus de Ourense, Filemón Rivas (Xunqueira, 1964), que foi alumno seu nos Milagres: «A maioría eramos de aldea e por iso tiñamos fama de brutos, pero tamén moi bo corazón».

Tan bo que Matesa tivo sempre a aqueles alumnos como vara de medir e a eles dedicoulles o seu derradeiro día de traballo: «El día que me jubilé fui a Los Milagros y me saqué una foto delante del colegio. Aquel fue mi primer trabajo, estuve ocho años allí y los alumnos de Los Milagros para mí fueron especiales. Luego trabajé en muchos sitios, pero yo siempre los comparaba con ellos. Me jubilé en Mende, que quizá fue el más similar en la relación con los alumnos».

«Lo de brutos ?insiste- era la tradición del rural, pero lo que eran es más naturales y más nobles; ellos iban de cara siempre, sin malicia. Con los alumnos que iban al colegio desde Ourense ya no era igual, pero problema de disciplina por brutos, ninguno!».

Resolto o problema das verdades absolutas, Filemón e Matesa avanzan nas lembranzas para confluír, a cada paso, na experiencia senlleira que para ambos foi o colexio dos Milagres. «Para empezar -rompe Matesa-, los curas de aquel colegio no eran como los curas que yo conocía, eran infinitamente más modernos». E iso que na súa época xa non estaba no corpo docente o grupo de paúles galeguistas que marcou a unha xeración.

Filemón Rivas chegou aos Milagres en 6º de EXB desde a escola do seu concello natal; o salto dun método tradicional ás innovacións e á connotación galeguista e cultural foi abismal. Na súa listaxe de mestres segrares non faltan Javier Gelpi, Manolo Santamaría, Estela Lamas, Suárez Canal, Severo e, por suposto, Matesa. «Creo que Matesa ten a culpa de que me gustase a Bioloxía. Foi a mellor nota que saquei en Selectividade pola famosa fotosíntese. Para min xa era unha materia atractiva e se, encima, cha explican tan ben como facía ela… Deixoume pegada porque era unha profesora que facilitaba as cousas, era próxima e non lle resultaba fácil poñerse seria; o certo é que non lle tiñamos medo a Matesa -ri-, pero tiña moito mérito porque, cando chegou aos Milagres, tiña experiencia cero, nós eramos os seus primeiros alumnos e non é fácil ser bos profesores sen experiencia».

«Filemón era muy buen alumno -continúa Matesa-; en aquel momento, si hablabas de un alumno brillante, ibas a hablar de Filemón. Era muy estudioso, sacaba buenas notas y se portaba bien». Pero, advirte Camba, a palabra para definilo non era chapón!: «Tenía mucho coco y capacidad de atención, que es importantísima».

Por se a alguén lle quedan dúbidas, Matesa garda unha anécdota: «Tengo la imagen de verlo haciendo una chuleta. Estaba en el aula cosiendo una chuleta a un pañuelo de tela, con aguja e hilo. No se por qué, pero lo vi. ¡Y tampoco sé si las haría para mi asignatura!». A economía familiar impediulle cursar a carreira de Bioloxía en Compostela, así que Rivas decantouse por Maxisterio en Ourense. Foi unha etapa de formación académica, de vida cultural e de mobilización estudantil. O enfrontamento coa dirección tivo consecuencias e Filemón acabou rematando a carreira en Pontevedra. Moi pouco despois regresou á Escola de Mestres de Ourense coa oposición de conserxe inesperadamente aprobada -«presenteime mentres repetía curso por unha soa materia»- e en pouco tempo promocionou laboralmente á biblioteca do centro e, máis tarde, a xestor de actividades culturais do campus, onde leva 31 anos.

«En realidade -resume-, nunca tiven vocación docente. Saber explicar, facelo sinxelo, paréceme moi complicado».

«Filemón Rivas era un alumno brillante, un coco, pero no un chapón; recuerdo haberlo visto haciendo chuletas con aguja e hilo»

«Matesa Camba ten a culpa de que me gustase a Bioloxía; era moi próxima e explicaba moi ben, aínda que non tiña experiencia»

«Nós iamos acompañando a Transición»

«Eu vivín a etapa galeguista dos Milagres. Peleteiro foi o meu primeiro profesor de Música; a primeira peza foi o himno galego con frauta! Espertábanos cada mañá con música, normalmente con Jarcha, e o día que morreu Franco espertounos tocando a gaita», lembra. Na memoria de Rivas sucédense as novidades vitais que dan conta dunha sociedade e dun tempo: «Con 10 anos que entrei no colexio alí tiñamos cine todas as semanas e por alí vin pasar a Fuxan os Ventos, a Suso Vaamonde, a todos os Voces Ceibes. Peleteiro tiña unha discoteca de música galega e unha biblioteca moi boas». Rivas sente que esa etapa «galeguista», que el viviu durante 3 cursos, foi «impactante». Despois, no seu BUP da adolescencia, «igual os intereses xa eran outros, pero o tema político estaba presente e a conexión co rural seguía existindo, as actividades culturais sempre tiñan un rumbo. Nós iamos acompañando a transición».