Cita coa oferta escénica galega

La Voz

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

Avoa Youja, A Gramola Gominola e Baobab Teatro protagonizan a MOTI

29 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 17.00, 18.15 e 19.30 horas • Principal, Campus e Auditorio • 4, 3 e 4 euros • A MOTI conta este ano cunha importante presenza da oferta escénica galega e para a xornada de hoxe está prevista a participación de tres grupos galegos. No Teatro Principal estarán os membros de Avoa Youja coa súa montaxe «O aloumiño dunha estrela», unha proposta que se enmarca nas «artes escénicas para bebés». A Gramola Gominola chegará á Sala Pardo Bazán do Campus coas súas «Cancións para desafinar» -a recadación é para Unicef- e Baobab Teatro representará «Pum, Pum!» no Auditorio de Ourense.