O Laxeiro menos coñecido chega ao Museo de Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

Santi M. Amil

O espazo cultural do casco histórico acolle unha exposición que se centra nos debuxos do artista

13 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 4 de febreiro • Inauguración: 19.30 horas (hoxe) • Museo Municipal de Ourense • De balde • O Museo da rúa Lepanto abre ao público a mostra «Laxeiro sobre papel», un proxecto comisariado por Javier Pérez Buján -responsable da fundación que leva o nome do artista- que inclúe corenta e oito obras e que ten como obxectivo espallar a faceta menos coñecida do artista, un dos membros máis destacados da considerada como a Vangarda histórica galega. José Otero Abeledo, «Laxeiro», (Lalín, 1908 - Vigo, 1996) foi un artista dotado dun particular talento para o debuxo e nos comezos da súa traxectoria adoitaba a ter o costume de ir sempre equipado con caderno e lapis, pluma ou pincel, para reproducir todo o que vía ao seu arredor. Firme defensor desta modalidade -dicía que o debuxo era na pintura como o pentagrama na arte- a mostra ilustra o proceso creativo de Laxeiro.

Obras da etapa formativa

A mostra inclúe dous debuxos da súa etapa de formación na Real Academia de Bellas de San Fernando.